Friday 19 de April de 2024

Nova campaña contra a violencia machista


 

O Concello de Ordes, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES), está a levar a cabo unha nova campaña contra a violencia machista. Dende os comercios de Ordes están a facer entrega á súa clientela de 3.000 bolsas con mensaxes que animan a dar a coñecer e denunciar aqueles casos de agresión e violencia contra as mulleres. Hai escasos días as concelleiras Susana García e Yessica López facían entrega das bolsas a Natalia Vilariño, presidenta de ACORDES. Ademais da asociación local, nesta iniciativa participan tanto o Concello como o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.